SETE CAVEIRAS

- Sabes unha cousa? Desde que me pediches que me encargase deste asunto hai algo, un pequeno detalle, que me está a roubar o sono. Enfrontámonos á aparición de cinco cadáveres en escenarios moi semellantes nun prazo de tempo inferior á semana. Non falamos dun morto accidental ou dous, senón de cinco persoas asasinadas por algunha causa que descoñecemos. Mentres nós damos paus de cego, o noso asasino continúa matando coma se tivese un plan perfectamente trazado. Coido que a pregunta é de sentido común. Seguro que non sospeitas quen pode andar detrás de todo isto?
A xornalista abandonou aquel despacho e a redacción do diario sen conseguir que Pablo lle dese unha resposta, mais plenamente convencida de que o seu xefe agochaba datos importantes.




Ficha técnica




Título: Sete Caveiras
Autor: Elena gallego
Xénero: Narrativa: novela negra
Editorial: Edicións Xerais

Sipnose




Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, ao longo dos días seguintes,


irán aparecendo na ría de Vigo. Pero ninguén máis o sabe. Sobre a mesa de Marta Vilas comezan a amorearse os xoguetes de colección. Un click motorista roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado preto do corpo dun membro da benemérita, un click pirata esquecido no coche dun informático asasinado... Para a xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal convértese nunha obsesión. Aínda que nunca poderá contar todo o que sabe. Trepidante e por momentos divertida, Sete Caveiras fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta. Esta novela, tamén homenaxe da autora á profesión xornalística, tece unha engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.



Pequena biografía




Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega.

Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio
Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense.
Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 traballa en Cangas.
Iniciouse como escritora coa novela Dragal, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010.

Obra literaria

  • Dragal, A herdanza do dragón, 2010, Xerais.
  • Dragal II. A metamorfose do dragón2011, Xerais.  
  • Dragal III. A fraternidade do dragón2012, Xerais.
  • Sete Caveiras, 2014, Xerais
  • Dragal IV. A estirpe do dragón2015, Xerais.


Se queres saber máis sobre o autora  vota unha ollada a estas entrevista. A primeira publicada é de Montse Dopico e foi publicada en Magazine Cultural galego; a segunda fixona Raquel Feijóo e publicouse en Tempo de lecer:  
ou visita a súa páxina web onde atoparás máis información sobre Elena Gallego e a súa obra:

E se non queredes ler e preferides ver e escoitar, votade unha ollada  a esta entrevista que lle fixeron a Elena gallego no programa ZigZag Diario da CRTVG 




e para rematar, que mellor que con música, aí vos deixo a canción de Siniestro Total á que se fai referencia no libro:







Ningún comentario:

Publicar un comentario