PERSÉPOLE

Tiñamos tantas ansias de liberdade que esquecemos que non eramos libres.






Ficha técnica


Título: Persépole
Autor: Marjane Satrapi
Xénero: Banda deseñada: autobigrafía
Editorial: Rinoceronte

Sipnose




Persépolis é a historia autobiográfica da iraniana Marjane Satrapi, a historia de como creceu nun regimen fundamentalista islámico que a acabaría levando a abandonar o seu país. O cómic empeza a partir do ano 1979, cando Marjane ten dez anos e desde a súa perspectiva infantil é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do xa de Persia en Irán e dá paso a unha república islámica.


     Ademais de diferenciarse dos demais nenos por ser educada ao estilo occidental dentro dunha familia de clase alta e por uns pais de ideoloxía progresista e partidarios do islamismo moderado, "Marji" (como a coñeceremos ao principio da historia) tamén ten unha considerable inquietude intelectual para unha nena da súa idade e notable imaxinación que a leva a manter conversacións con Deus -ao que atopa un curioso parecido con Karl Marx- ou soñar con chegar a ser algún día o última profeta que siga os pasos de Jesús e Mahoma. A historia duns antepasados ilustres (o seu bisavó foi o último rei da dinastía persa dos Qadjar), unha familia que se opón activamente ao goberno do Xa, as manifestacións, a diferenza de clases sociais ou a marxinación da nena son algunhas das pezas do quebracabezas que Marji esfórzase por compoñer coa intención de comprender o mundo que a rodea. Á vez que vai crecendo, Marjane dáse conta de que o novo réxime islámico polo que loitaron os seus pais caeu en mans dos integristas e que non trae consigo nada bo. 

     Neste punto acaba a historia do primeiro dos catro álbums que compoñen Persépolis. O segundo ocupa o período de 1980 a 1984 e ten como transfondo a guerra entre Irán e Iraq a metade dos oitenta e o inicio da súa adolescencia, onde coñeceremos, por exemplo, da súa afección a grupos musicais prohibidos polo regimen islámico, e algúns dos problemas en que se mete xa de ben jovencita polo seu carácter rebelde. O terceiro álbum céntrase nas múltiples penurias e peripecias vitais que vivirá a autora en Austria entre 1984 e 1989, onde é enviada a vivir polos seus pais para protexela tanto dos bombardeos como dos problemas legais nos que podería acabar de continuar coa súa conduta, que non sempre se adecuaba aos costumes propugnados desde o goberno islámico. O cuarto e último presentará o seu regreso para Irán, unha época en que realiza os seus estudos de belas artes en Teherán, e tras vivir en Europa varios anos explícanos como ten que volver afacerse novo ás condicións de vida baixo o réxime chiita dos aiatolá.




Pequena biografía



Marjane Satrapi é filla única dunha familia de Teherán. Esta familia, de talante progresista, mandouna a estudar ao Liceo Francés ata que foron suprimidos os colexios bilingües polas autoridades islámicas que xurdiron da revolución de 1979. Ela e a súa familia, que simpatizaban coa revolución antes de que adquirise carácter islamita, viviron con dor as restricións das liberdades individuais, a represión, a imposición do veo feminino e o estalido da guerra Irán-Iraq, que o novo réxime utilizou para consolidarse.

En 1984, cando tiña 14 anos, os seus pais decidiron enviala a estudar ao liceo francés de Viena (Austria), para que puidese completar a súa educación laica e para permitirlle desenvolverse nun ambiente menos opresivo que o do seu país natal. Marjane non falaba alemán, pero nese momento era máis fácil para un iraniano conseguir un pasaporte para Austria que para Francia. Tras completar os estudos primarios regresou a Irán para estudar Belas Artes, pero pouco despois decidiu marcharse a Francia, e desde entón reside en París.

Introduciuse no mundo do cómic da man do debuxante e guionista David B., quen lle suxeriu narrar deste xeito os seus recordos de infancia en Irán. Nace así a novela gráfica Persépole. A obra, publicada en catro volumes, alcanzou un gran éxito de crítica e público e foi adaptada por ela mesma e Vincent Paronnaud ao cinema.

En 2003 publicou Bordados, un cómic sobre as mulleres iranianas que foi nomeado para o premio ao mellor álbum no Festival do Cómic de Angulema de 2004. Bordados non obtivo o premio, pero si o fixo en 2006 a súa seguinte obra, Pollo con ciruelas.

O 2 de febreiro de 2009, Marjane Satrapi foi investida Doutora Honoris Causa por dúas universidades católicas de Bélxica. O día 16 de xuño dese mesmo ano, por mor dos sucesos ocorridos tras as eleccións en Irán, disputadas entre Mahmud Ahmadineyad e Mir-Hosein Musaví, a historietista ofreceu unha conferencia en Bruxelas criticando duramente a posible fraude electoral que provocou devanditos acontecementos. En 2014 dirixiu a película The Voices.



  • FRASES DO LIBRO

  • "Escoitame, non me gusta sermonear pero dareiche un consello que che servirá para sempre: Na vida atoparaste a moitos imbéciles se che fan dano pensa que é a súa estupidez a que lles impulsa a facerche dano, así non responderás á súa maldade... porque non hai nada peor no mundo que a amargura e a vinganza. Se sempre digna e íntegra contigo mesma"
  • "Morrer como mártir é inxectar sangue nas veas da sociedade"
  • "Morrer como mártir é inxectar sangue nas veas da sociedade"
  • "Cando se quere aprender algo, non se colle un libro. Fálase con alguén. Eu non creo nos libros"
  • "A avoa durmiu connosco. Poñíase xasmíns no sostén todas as mañás para cheirar ben. Cando se desvestía, as flores caían dos seus peitos. Era máxico"
  • "Non esquezas nunca quen es nin de onde vés"
  • "Era estranxeira en Austria e agora son estranxeira no meu país
  • "Tiñas unha opción! Todos teñen unha opción! Todos teñen unha opción sempre!"
  • "O medo dórmenos a conciencia. Convértenos en covardes"
  • "Choras porque te equivocaches. É duro admitir os nosos erros eh?" 
  • "A liberdade sempre ten un prezo" 


Se queres saber máis sobre Marjane Satrapi podes ver este vídeo ou visitar esta páxina web e ler a entrevista:





Ningún comentario:

Publicar un comentario