O VIXÍA NO CENTEO

Sabes o que me gustaría ser? Sabes o que me gustaría ser de verdade se puidese elixir? (...) Moitas veces imaxínome que hai unha chea de nenos xogando nun campo de centeo. Miles de nenos. E están sós, quero dicir que non hai ninguén maior vixiándoos. Só eu. Estou ao bordo dun precipicio e o meu traballo consiste en evitar que os nenos caian a el. En canto empezan a correr sen mirar onde van, eu saio de onde estea e cólloos. Iso é o que me gustaría facer todo o tempo. Vixialos. Eu sería o vixía  no centeo. Parecerache unha parvada pero é o único que de verdade  gustaríame facer. Sei que é unha loucura.





Ficha técnica



Título: O vixía no centeo
Autor: J. D.Salinger 
Xénero: Narrativa
Editorial: Edicións Xerais
Colección: Fora de Xogo
Sipnose




Holden Cauldfield, coñecendo que vai ser expulsado, tamén, deste último colexio, decide deixalo antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu nese tempo, desa fuxida cara adiante que o leva a deambular polas rúas da cidade queimando ata o último recurso, mentres a depresión o vai afectando. Narrada moi subxectivamente, utilizando unha linguaxe propia da mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola peculiar personalidade do protagonista. Cunha personalidade 

nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a todos os mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte á morte, o amor, a amizade, a iniciación ao sexo: contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa. Holden Caulfield é desde 1951 –ano da publicación de O vixía no centeo– o sinónimo de adolescente inconformista, o símbolo da autoafirmación do individuo fronte a un medio hostil. Neses tres días nos que, cronoloxicamente, se desenvolve a novela, Holden enfróntase ás súas propias contradicións e ao imperioso desexo de fuxida. Fuxir do mundo que lle agarda ao medrar, como se nese fuxir a única saída fose inmobilizar o tempo.


Pequena biografía



J. D. Salinger naceu o 1 de xaneiro de 1919 en Manhattan, Nova York. De familia acomodada. Fillo de Solomon Salinger, director de J.SHoffman &Company, empresa dedicaba á importación de carnes e queixos.

Cursou estudos en Viena, Londres, París e Varsovia. Foi un neno problemático que foi expulsado de diferentes escolas. Ingresou nunha academia militar e despois asistiu brevemente a dúas universidades.

Durante os catro anos que serviu no exército, sempre levou consigo unha máquina de escribir. En 1948 publica Día perfecto para o peixe plátano, que aparece en New Yorker, a revista onde conseguira publicar algúns relatos. Escritor "de talento infinito", tal como foi definido polo escritor Ernest Hemingway tras coñecelo en París durante a II Guerra Mundial, anos antes de que publicase a súa obra magna, O vixía no centeo (1951), que foi best seller o mesmo ano da súa publicación e do que se venderon millóns de exemplares en todo o mundo dándolle fama como escritor de culto, Holden Caulfield, o protagonista, converteuse en prototipo do adolescente rebelde. Novela de culto que foi levada ao extremo por un dos seus fans, Mark David Chapman, o home que asasinou a John Lennon en 1980. Chapman chegou a citar o libro do escritor como o lugar no que encontrar a explicación a aquel acto.

Outras das súas obras son o seu libro de relatos Nove contos (1953), Franny e Zooey (1961), Levantad, carpinteiros, a viga mestraSeymour: Unha introdución (ambalas dúas en 1963). En 2000 a súa filla, Margaret, publicou unhas memorias tituladas Dream Catcher (O vixía dos sonos), que o retratou como a un home consagrado á súa obra e tiránico cos seus familiares. Salinger foi un personaxe misterioso, esquivo cos medios de comunicación, e do que apenas se coñecen imaxes. Fuxiu dos focos e do ruído mediático. Só concedeu unha entrevista, en 1974 a The New York Times e por vía telefónica, para defender a súa vida privada.

O 18 de outubro de 1945 cásase en Pappenheim con Sylvia Louise Welter, oftalmóloga alemá e tras divorciarse, en 1955 casouse con Claire Douglas, da que se divorciou en 1967.

J. D. Salinger faleceu o 27 de xaneiro de 2010 en New Hampshire, Estados Unidos. A súa última obra publicada é unha carta que Seymour Glass, o seu personaxe recorrente, dirixe aos seus pais dende un campamento de verán.



Se queres saber máis sobre o autor  vota unha ollada a estes artigos publicados no xornal El País:
ou visita o seguinte blogue onde atoparas algunhas curiosidades sobre o autor:
Tamen os deixo un video con algunhas das frases máis significativas do libro

Ningún comentario:

Publicar un comentario