O DIARIO DE ANA FRANK


O venres espertei xa as seis. Era comprensible, pois foi o día do meu aniversario. Pero non podía levantarme tan temperán e houben de tranquilizar a miña curiosidade ata un cuarto para as sete. Entón xa non soportei máis e corrín ata o comedor, onde o noso pequeno gatiño, Mohrchen, me saudou con efusivo cariño. Despois das sete fun ao dormitorio dos meus pais e, deseguida, con eles ao salón para encontrar e desenvolver os meus regalos. A ti, o meu diario, vinche en primeiro lugar, e sen dúbida fuches o meu mellor regato. Tamén me obsequiaron un ramo de rosas, un cacto e unhas ramas de rosas silvestres. Foron os primeiros saúdos do día, xa que máis tarde habería bastante máis. Papá e mamá entregáronme numerosos regalos e os meus amigos tampouco se quedaron atrás en materia de mimarme…”




Ficha técnica



Título: Diario de Ana Frank
Autora: Ana Frank
Xénero: Narrativa: autobiografía
Editorial: Debolsillo







Sinopse

No Diario, Ana Frank imaxina que escribe a Kitty, unha amiga hipotética, para contarlle as peripecias da súa vida no acocho onde viviu dende o 14 de xuño de 1942 ao 4 de agosto de 1944, cando a Gestapo descubriu a "dependencia secreta" na que vivían a familia Frank (composta polos pais, por Ana e pola súa irmá maior Margot), a familia Van Daan (a nai, o pai e o seu fillo Peter) e o dentista Dussel, coa va esperanza de escapar á captura dos nazis.

Ana conta a vida naqueles poucos metros cadrados do refuxio en que a convivencia de oito persoas, arrancadas da vida normal, formulaba tantos e tan delicados problemas, e narra o desenvolvemento da existencia cotiá con tal sinxeleza, forza e verdade, que iso constitúe o primeiro encanto destas páxinas. Afastada dos seus coetáneos e dos intereses que sorrían á súa exuberante xuventude, pero tamén, aínda que á forza, da barbarie do momento, a autora-protagonista mira e xulga as cousas cun candor que subxuga.


Nas páxinas do Diario, a miúdo alegres e divertidas, asistimos ao desenvolvemento intelectual e físico dunha rapaza, á variedade dos seus problemas, dos seus estudos e diversións a pesar da súa reclusión, ás súas relacións e aos seus xuízos sobre os seus familiares e compañeiros de illamento e sobre os homes en xeral. Os acontecementos e fases alternas da guerra e da política mundial, tal como lograban chegar a aquel refuxio illado, adquiren un aspecto novo e diferente, con perspectivas insospeitadas. E a vida dunha reducida colectividade, obrigada a compartir a bufarda en condicións tan dramáticas, ilumínase con episodios singulares, nos que os feitos triviais da vida diaria adquiren unha importancia particular, e onde unha nena con mirada clara e terriblemente obxectiva se xulga a si mesma e aos adultos, analizándoo todo con gran liberdade.

Ana Frank fala das súas aspiracións a corazón aberto, e tamén dos perigos, pero con gran coñecemento e sen perder a esperanza. Dous personaxes do exterior (o señor Kraler, amigo de Otto Frank, e Miep, secretaria de Frank e logo de Kraler) son como seres que pertencen a outro planeta e que, como promotores do ocultamento dos Frank e favorecedores destes, parecen redimir o resto da humanidade das súas culpas de complicidade e de medo.


O idilio que se inicia entre Ana e Peter ten a graza dunha flor espontánea nas súas diversas fases e manifestacións; a descrición da puberdade ten unha delicada natureza que dificilmente se encontra noutra parte; o afecto por un gato parece o símbolo dos vínculos desexados pero imposibles co mundo externo; as relacións cos pais (e en particular, coa nai) obsérvanse con gran madureza. Non hai nada que a induza a prorrumpir en invectivas e a xulgar con acritude aquela vida tan inxusta e contraria á natureza. "A pesar de todo, continúo crendo na bondade íntima do home", afirma Ana no Diario; estas palabras constitúen a moral deste libro que, nacido como dunha necesidade persoal, ten a honestidade xenuína e inmediata dun desafogo espontáneo nunca dirixido á publicación.

As alusións aos problemas xudeus (que poderían parecer frecuentes nunha persoa que vivía naquelas condicións especiais pura e simplemente pola "culpa" de pertencer ao pobo xudeu) son moi raras, aínda que inspiradas nunha extrema dignidade e firmeza: Ana pertencía a unha daquelas familias asimiladas que non tiveran unha profunda cultura hebrea e que só moi tarde se decataron de todo iso. O libro, ademais dos seus valores humanos e documentais, revela na nova autora calidades literarias nada comúns: o mesmo feito de finxir unha destinataria para as súas confidencias é xa un índice de madureza artística.

Traducido a todas as linguas e levado tamén ao teatro e ao cine, o Diario de Ana Frank converteuse no paradigma testemuñal, máis impresionante mesmo que outros documentos detallados, da opresión sufrida en moitos países baixo o nazismo e das condicións en que millóns de persoas se viron obrigadas a vivir coa esperanza de escapar ao exterminio.

Pequena biografía



Annelies Marie Frank era unha de centos de miles de nenos xudeus que morreron no Holocausto. Naceu en Frankfurt, Alemaña o el 12 de xuño de 1929. É a segunda filla de Otto Frank e de Edith Holländer. A súa irmá Margotten ten entón tres anos Filla dunha familia xermana de orixe xudía, trasladouse cos seus ao Países Baixos coa chegada de Hitler ao poder en 1933.


Os alemáns ocuparon Ámsterdam en maio de 1940. En xullo de 1942, cando Alemaña empezou a deportación dos xudeus de Holanda aos campos de exterminio de Auschwitz-Birkenau e Sobibor na Polonia ocupada, Ana e a súa familia se esconderon con catro persoas máis, todos xudeus. Durante dous anos, viviron nun faiado secreto detrás da oficina dun negocio na rúa Prinsengracht Nº. 263. Amigos da familia facían contrabando de comida e roupa para eles, con gran risco para as súas propias vidas. O 4 de agosto de 1944, a Gestapo (policía secreta estatal dos nazis), que recibira a información dos veciños holandeses, descubriu o escondedoiro dos Frank.

Os Frank foron arrestados pola Gestapo e enviados ao campo provisional de Westerbork. De alí, en setembro de 1944, os nazis deportaron os Frank e os outros catro arrestados, a Auschwitz-Birkenau. En decembro de 1944, Ana e a súa irmá Margot foron transferidas ao campo de concentración de Bergen-Belsencerca de Celle, no norte de Alemaña. Morreron de tifo en marzo de 1945, un mes antes da liberación do campo.

A nai de Ana foi asasinada en Auschwitz. Só o pai de Ana, Otto, sobreviviu a guerra. As forzas soviéticas liberaron a Otto en Auschwitz en xaneiro de 1945.

Mentres estivo escondida, Ana mantivo un diario no cal anotaba os seus medos, esperanzas, e experiencias. Encontrado no faiado secreto despois que a familia foi arrestada, o diario foi gardado para Ana por unha das persoas que axudou a esconder aos Frank. Foi publicado despois da guerra en varios idiomas. Ana Frank converteuse nun símbolo da promesa perdida cos nenos que morreron no Holocausto.


A publicacion do Diario

O Diario de Ana Frank é o diario persoal e autobiográfico de Annelies Marie Frank, unha nena xudía que viviu durante o Holocausto e a Segunda Guerra Mundial.


O diario foi un dos regalos que lle fixeron polo seu décimo terceiro aniversario o 12 de xuño de 1942. Segundo Ana Frank, foi o mellor regalo que lle fixeron e demostrouno estreándoo o mesmo día escribiendo:"Espero poder confiarcho todo, dun modo como non puiden facelo ata agora con ninguén, e espero que sexas un grande apoio para min".


As entradas no diario van dende o 12 de xuño de 1942 ata o 1 de agosto de 1944. Tres días máis tarde, os oito habitantes da chamada casa de atrás foron delatados e detidos pola Gestapo. Non tiveron tempo de levarse case nada, nin sequera Ana Frank o seu Diario.


Afortunadamente, unha hora máis tarde de que isto sucedese, Miep Gies e Bep Voskuijl decidiron ir a recoller todo o que quedara no refuxio. Entre as cousas que gardaron estaba o Diario de Ana Frank que se encontraba esparexido polo chan.



Cando Otto Frank, pai de Ana Frank, volveu do campo de concentración de Auschwitzy unha vez que souberon que Ana e Margot non volverían, Miep Gies custodio do Diario de Ana Frank devolveu todo o que estivera a custodiar.




Otto Frank compartiu o diario cos seus familiares e amigos. Transcribiuno a máquina e traduciuno ao alemán. Pero os seus máis achegados opinaban que era un documento moi importante e que non debería gardalo para el. Despois de moitas dúbidas, o señor Frank decidiu publicar o diario da súa filla en 1947 co título "Het Achterhuis" (a casa de atrás) en Holanda coa editorial Contact. Aínda que non se publicou todo o que Ana Frak escribiu, pois o seu pai considerou que había fragmentos que non eran de interese público.



Dende que se publicou, o Diario de Ana Frank converteuse nun dos testemuños sobre o Holocausto máis famosos. Foi un best-seller durante moitas semanas en todo o mundo, en especial en Israel, Estados Unidos e Reino Unido e chegou a vender máis de 350 millóns de exemplares.



Non obstante, este éxito non sentou ben a grupos que seguen apoiando o nacionalsocialismo e negan o Holocausto. Algúns defenden a idea de que o Diario de Ana Frank é falso dicindo: "O Departamento Criminal Federal afirmou que parte do manuscrito fora escrito con bolígrafo, invento introducido en 1951... Períto a calígrafa Minna Becker ditaminou que todos os textos do Diario proviñan dunha soa caligrafía e que polo tanto, quen fixo o manuscrito engadiu anotacións con bolígrafo, o que significa que Ana Frank non puido ser a autora do diario... Ademais, David Irving, di que contrastou dous documentos, un coa caligrafía auténtica de Ana Frank, correspondente ás cartas enviadas por ela nesa época, e outro coas anotacións do diario. Chegou á conclusión de que ambas as dúas caligrafías non eran da mesma persoa".



Pola súa banda, a Fundación Ana Frank nega a veracidade destes argumentos e mesmo tomaron medidas xudiciais obtendo sempre sentenzas favorables.

Pero esta non foi a única polémica, outra foi o descubrimento de cinco páxinas inéditas en 1998. Estas contiñan descricións comprometidas da vida conxugal dos pais de Ana Frank. Ademais, nesta parte, a moza mostrábase máis tolerante coa súa nai, acusando a Otto Frank de non a amar o suficiente e de estar obsesionado cun amor prematrimonial.

Estas páxinas inéditas foron custodiadas durante case vinte anos por Cor Suyk, un home que traballou na Casa de Ana Frank enÁmsterdam. Segundo a súa versión, di que prometeu a Otto Frank gardar estas follas ata despois da súa morte e a da súa segunda esposa. Finalmente, decidiu vendelas ao Estado holandés.

O Instituto Holandés Estatal de Documentación de Guerra (NIOD) ao que Otto Frank legou todos os escritos, autenticou as devanditas páxinas e no ano 2001, na quinta edición do Diario de Ana Frank, se incorporaron por primeira as cinco follas inéditas.

Se queres saber máis sobre Ana Frank podes visitar a súa páxina web:








Ningún comentario:

Publicar un comentario