O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN: O LADRÓN DE SOÑOS

"Así é como funciona o mundo hoxe en día. A felicidade véndese e cómprase, e canto máis tes, máis necesitas. Xa ninguén busca a felicidade nos seus soños, senón naqueles que o mundo prefabricou e todos aceptan con fe cega"




Ficha técnica




Título: O mundo secreto de Basilius Hoffman                                                  "O ladrón de soños"
Autor: Fernando M. Cimadevila
Xénero: Narrativa fantástica
Editorial: Urco Editora

Sipnose




A historia comeza con Peter, un mozo de doce anos ao que os seus pais téñen interno nun colexio de prestixio, un edificio gris con pinta de búnker ou de carcel xuvenil. Chegan as vacacións de Nadal e atopámonos ao pobre Peter esperando na porta do colexio a que os seus pais, sempre moi ocupados, veñan recollelo. Ao fin chegan, tarde, e dinlle que non poderá pasar o Nadal con eles, pois cousas urgentísimas reclámanlles, polo que decidiron que este ano a pasará co seu tío Basilius no vello caserón Hoffman. O profesor  Basilius Hoffman  historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truhán a xornada completa, acaba de regresar dunha viaxe por Australia.
Mentres espera ao seu tío, a Peter  chámalle a atención  un vello libro forrado en coiro marrón que repousaba medio aberto sobre un sofá, e que tiña impresa na súa portada unha mazá dourada cunha letra A. Chega a noite, e mentres dorme na habitación que tan ben lle prepara a señora Spinelli, unha pequena figura se asoma desde o outro lado da xanela. Coa súa afiada uña curta o cristal, abre o pestillo da ventá e introdúcese na habitación. Dun zurrón saca un puñado dun po parecido á area que sopra sobre Peter, e logo recolle cunha xiringa. Nese momento entra o tío Basilius, pero o que sexa salta pola xanela e pérdese na escuridade da noite. E este é o punto onde a aburrida vida de Peter convertirase, xunto ao tío Basilius, nunha vida de aventuras inimaxinables na que se mesturan cidades secretas como Avalon. Viaxarán nun dirigible, o Argestes, a mundos de fantasía onde existe A cidade dos tellados, ao redor dun faro, na que sempre reina a noite, unha cidade secreta sen casas nin edificios, só tellados, azoteas, faiados e chemineas, bufardas, campanarios, torreóns...,  

e Rivkala a muller gato. Coñecerá á Irmandade, a Gabriel-Duncan e o seu poderoso bastón, buscarán libros na gran biblioteca que se penetra na profundidade da terra. E saberán da Profecía, de máscaras preciosas, dos deuses exipcios Segmet e Bastet, un quere dominar o mundo, o outro axudar. De miles de gatos, de templos que xorden das areas nevadas do deserto. De portas que se pechan e de Eras que comezan. Do poder máis forte que existe, o poder da Vontade, o cal axudou a levantar as pirámides. É dicir: do mundo da imaxinación.




Pequena biografía do autor




Fernando M. Cimadevila naceu en Santiago de Compostela na primavera de 1977. Desde moi pequeno convertiuse nun apaixonado das historias, en especial as de fantasía. A historia interminable de Michel Ende foi a faísca que acendeu o seu desexo por escribir, seguida de lecturas como O Hobbit e a obra de Tolkien en xeral. 

Co paso do tempo fundou a súa primeira librería Auryn, onde traballou durante case tres anos rodeado de libros e cómics de xénero fantástico. Foi alí onde comezou a tomar forma un
universo que se alimentaba de todas as súas lecturas e experiencias previas, e que eclosionaría finalmente na súa primeira obra literaria O mundo secreto de Basilius Hoffman cuxo primeiro título sería O ladrón de soños, e que foi publicada en lingua galega por Urco Editora, converténdose en menos dun ano na súa obra máis vendida e recibindo unha gran acollida por público e crítica. Ese mesmo ano a novela foi escollida como mellor obra de literatura xuvenil polos usuarios de Redelibros (a rede social de literatura galega) e segunda mellor obra por Fervenzas Literarias (blogue especializado en literatura galega). O éxito levou a incluír O ladrón de soños como unha das principais lecturas recomendadas nos centros de ensino e á publicación dunha edición especial de peto para o alumnado.

A nivel persoal supuxo a creación, xunto ao seu editor e amigo Tomás González Ahola, de Contos Estraños, a primeira editora de fantasía, terror e Ci-Fi, en publicar exclusivamente obras orixinais de autores galegos. Actualmente levan publicados máis de vinte títulos, entre os que se inclúen triloxías de fantasía épica, a primeira novela steampunk galega, e unha colección de relatos de oito volumes que conta con máis de 50 autores.


A día de hoxe O mundo secreto de Basilius Hoffman segue crecendo, coa publicación de Un faro na escuridade e A batalla por Avalon. A primeira parte xa está en lingua castelá baixo o selo de Sushi Books, e en breve verá a luz en catalán e eúscaro.

Tamén publiquou tres títulos da serie infantil As aventuras do Apalpador que comprenden: Apalpador Vs Papá Noel, Ou tesouro dous mouros e A carballeira dous druídas. De carácter didáctico e ecoloxista, que tamén gozan dun enorme éxito nas aulas do ensino primario.

Fóra do xénero da fantasía foi finalista do Premio Desnivel de Literatura de viaxes e montaña, cunha novela negra titulada Acariñando o ceo, publicada no 2014. Unha aventura detectivesca de intriga ambientada no exótico Nepal, coa cordilleira do Himalaya como pano de fondo, que recibiu excelentes críticas entre varios dos principais blogues de literatura en lingua castelá.


  • FRASES DO LIBRO





  • "E é que os pais de Peter tiñan moitísimo diñeiro, pero iso supoñía ter poquísimo tempo".
  • "Ningún camiño é máis verdadeiro que outro. O importante é como o percorremos. Este mundo elixiu o seu e agora debe atopar a mellor maneira de chegar ao final do traxecto. Houbo un tempo no que non fomos tan diferentes deles. Quizá algún día serán como nós. Ninguén pode sabelo, pero aí radica a
    esencia da vida".
  •  "A primeira noite que Peter pasou en casa de Basilius Hoffman sucederon cousas realmente estrañas, aínda que para aqueles que coñecen a vida do profesor serían bastante correntes".
  • "Nesta cidade -díxolle o seu tío- non hai nin casa nin edificios: só tellados, azoteas, faiados e bufardas, campanarios, torreóns, terrazas e balcóns, pombais, chemineas... A Cidade dos Tellados non ten rúas, só pontes e escaleiras, que sortean o nebuloso mundo que existe nas rúas baixo a súa superficie".
  • "- Non é fácil crer no que un quere cando os demais tómanche por tolo - dixo mirando as nubes, coma se estivese a falar coa choiva-. Non é fácil seguir un soño, nin atopar a felicidade cando todo o mundo empéñase en mostrarche o camiño que eles consideran correcto."
  • "Esta cidade é a cidade dos pintores, dos poetas, dos músicos, dos buscadores de historias; é o lugar onde van os recordos perdidos, o lugar das fotos antigas que se humedecen nos faiados, dos vellos cadernos de relatos que xa ninguén le, das partituras que xa ninguén interpreta e dos cadros que xa ninguén pinta; porque a marea do tempo relegounos ao esquecemento."
  • "Cando naces, o mundo xa decidiu o camiño poi e tes que ser moi valente para decidir se é ou non o correcto".


  • "O mundo abandonou fai moito o camiño correcto lanzándose a unha angustiosa carreira de poder e riqueza, de guerras e ambición, malgastando os recursos do mundo, contaminando o seu propio aire e emponzoñando a súa propia auga".
  •  "Aquí veñen aqueles que saben que o mundo non só é frío e gris. Aqueles que ao escoitar a choiva percibiron ecos de historias que poden sentir no seu interior como reais e con lugares mellores que aquel en o que viven; lugares que seguen esperando a que alguén atope a porta que conduce a eles. É o sitio para os que aínda non perderon a esperanza, porque só os que a conserven poden chegar a el".
  • "-No fondo, Peter, todos sabemos cal é o noso camiño, pero o mundo que nos rodea, trata de confundirnos, de embaucarnos con falsas ofertas de felicidade. Debes escoitar no teu interior e vencer o medo para ser feliz".



Se queres saber máis sobre Fernando M. Cimadevila podes ler estas entrevistas : 

E por último deíxovos un  video cunha entrevista feita ao autor no programa da TVG Boas Tardes:



Ningún comentario:

Publicar un comentario