Ficha técnica
Sinopse
A illa de Bowen, galardoada
co premio Nacional de Literatura
Infantil e Xuvenil 2013 e o premio Edebé de Literatura Juvenil 2012, é
un libro de aventuras ao estilo dos de Julio Verne ou Arthur Conan Doyle, con
illas misteriosas, asasinatos, minerais preciosos, heroes e manuscritos
medievais.
A historia comeza en
1920 co asasinato do mariñeiro Jeremiah Perkins nun pequeno porto noruegués
situado no Ártico e co misterioso paquete que Perkins envía a Lady Faraday antes
de morrer. Por outra parte, o profesor Ulises Zarco, director da sociedade
xeográfica SIGMA, embárcase nunha incrible aventura a causa dunha estraña reliquia
descuberta nunha cripta medieval. Tanto Zarco coma o seu axudante, Adrián Cairo,
percorreron o mundo enfrontándose a toda clase de perigos, igual que o capitán Verne
e a súa tripulación, ou o fotógrafo Samuel Durango, e mesmo as dúas damas
inglesas que lles pediron axuda; pero ningún deles se encontra preparado para
enfrontarse ao terrible misterio que envolve á illa de Bowen, máis alá do
Círculo Polar Ártico.
Sen dúbida, este libro é unha homenaxe ás novelas de aventuras que o escritor lía cando era novo. Os xogos metaliterarios -o propio Conan Doyle dá unha conferencia no libro- e as múltiples referencias á obra de Verne –Phineas Fogg e o capitán Nemo son nomeados na
O texto da novela está ampliado polo diario do xoven fotógrafo, a través do cal avanzamos nos descubrimentos que fan e nas súas aventuras, pero tamén na historia de amor que xorde coa moza Katherine.
Pequena biografía
César Mallorquí del
Corral naceu en Barcelona o 10 de xuño de 1953. Xornalista, guionista de radio
e televisión, creativo de publicidade e escritor español, trasladouse coa súa
familia de Barcelona a Madrid cando apenas cumprira un ano de idade.
Fillo do famoso escritor creador do personaxe de El Coyote, José Mallorquí Figuerola, educouse nun ambiente literario que propiciou a súa afección á literatura dende moi neno. Moi pronto publicou o seu primeiro relato nunha revista. Mallorquí. Estudou Periodismo na Universidade Complutense de Madrid e traballou en La Codorniz e na Cadea SER, e posteriormente, de 1981 a 1991 dedicouse á publicidade como creativo de varias axencias, incluída unha axencia de publicidade norteamericana.
Pero abandonou todos estes traballos para dedicarse por completo á súa verdadeira vocación, a literatura. Dende entón non deixou de publicar as súas obras, coas que ademais obtivo diversos galardóns, tanto en conto curto coma en novela.
César Mallorquí non considera que a literatura xuvenil sexa tal, pois entón ningún adulto podería ler a Verne, autor cuxas historias protagonizaron a súa infancia. Os seus libros son para todo tipo de público. Dende de 1991 comezou a escribir relatos de fantasía e ciencia ficción.Tamén escribe novela negra.
Actualmente está casado
e ten dous fillos, deixou de fumar en 1986 e é un gran xogador de mus.
Obra literaria
- La vara de hierro. (Novela. Quaderns UPCF. 1993)
- El círculo de Jericó. (Antología. Ediciones B. 1995)
- El coleccionista de sellos. (Novela. Ediciones B. 1996)
- El último trabajo del Señor Luna. (Novela. EDEBÉ 1997)
- La Fraternidad de Eihwaz. (Novela. EDEBÉ 1998)
- La cruz de El Dorado. (Novela. EDEBÉ 1999)
- El maestro oscuro. (Novela. EDEBÉ 1999)
- La Catedral (novela). (Novela. SM 2000)
- El hombre de arena. (Novela. EDEBÉ 2001)
- Las lágrimas de Shiva. (Novela. EDEBÉ 2002)
- La puerta de Agartha. (Novela. EDEBÉ 2003)
- La compañía de las moscas. (Novela. Alfaguara 2004)
- La piedra inca. (Novela. EDEBÉ 2005)
- El viajero perdido. (Novela. SM 2005)
- La Mansión Dax. (Novela. SM 2005)
- La caligrafía secreta. (Novela. SM 2007)
- El juego de Caín. (Novela. Espasa 2008)
- El juego de los herejes. (Novela. Espasa 2010)
- Leonís. (Novela. EDEBÉ 2011)
- La isla de Bowen. (Novela. EDEBÉ 2012)
- La estrategia del parásito. (Novela, SM 2012)
Premios
- Premio Aznar 1991 por El mensaje perdido.
- Premio Alberto Magno 1992 por La pared de hielo.
- Premio Alberto Magno 1993 por El hombre dormido.
- Premio Domingo Santos 1993 por Materia oscura.
- Premio UPC 1995 por El coleccionista de sellos.
- Premio Gigamesh 1996 por La casa del Dr Pétalo.
- Premio Edebé de Literatura Juvenil 1996 por El último trabajo del Sr. Luna.
- Premio Protagonista Jove 1997 por El último trabajo del Sr. Luna.
- VI premio Pablo Rido 1997 por El decimoquinto movimiento.
- Premio Gigamesh 1997 por El coleccionista de sellos.
- Premio Edebé de Literatura Juvenil 1999 por La cruz de El Dorado.
- Premio Ignotus 1999 por El decimoquinto movimiento.
- Premio Gran Angular 2000 por La catedral.
- Premio Edebé de Literatura Juvenil 2002 por Las lágrimas de Shiva.
- Premio Liburu Gaztea 2003 por Las lágrimas de Shiva.
- Premio Nacional de Narrativa Cultura Viva 2007.
- Premio Hache 2010 por La caligrafía secreta.
- Premio Edebé de Literatura Juvenil 2012 por La isla de Bowen.
- Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2013 por La isla de Bowen.
Máis sobre Cesar Mallorquí
Se vos gusta escribir, aquí déixovos este vídeo no que Cesar Mallorquí dá 10 consellos para futuros escritores:
e este outro do programa "Pagina 2" de RTVE onde Cesar Mallorquí fala da súa novela pola cal recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de 2013:
Ningún comentario:
Publicar un comentario