A GRANXA DOS ANIMAIS

Os animais, asombrados, pasaron a súa mirada do porco ao home, e do home ao porco; e novamente do porco ao home; pero xa era imposible distinguir quen era un e quen era outro.


Ficha técnica




Título: A granza dos animais
Autor: George Orwell
Xénero: Narrativa
Editorial: Kalandraca

Sipnose



A granxa dos animais non é só un mero relato entretido. O libro, formula os problemas que máis preocupaban a Orwell, e que son, en definitiva, algunhas das grandes cuestións da nosa civilización: a ameaza do totalitarismo, a supresión da vontade individual ou a manipulación da verdade histórica. 
Estes temas articúlaos Orwell nunha historia relativamente sinxela, que podería resumirse así:
os animais da granxa do señor Jones rebélanse contra os seus donos humanos e, despois de expulsalos, dispóñense a facerse cargo eles mesmo do funcionamento da granxa. Os porcos, que dende o inicio da revolución se autoproclamaron como clase dirixente, rematarán corrompidos polo poder e instaurarán un sistema totalitario igual, se non peor, ao que reinaba na época de dominio dos humanos, cos cales os porcos acaban confabulándose. 
O escenario da fábula, está ambientada na época da Unión Soviética, non obstante, a súa historia é Universal. A Granja Manor representaría a Rusia, mentres que o señor Jones sería o tsar; o señor Frederick, caracterizado pola súa crueldade cos animais e por apropiarse das terras dos demais, seria Hitler; o señor PilkingtonChurchill; os porcos, os bolxeviques que dirixiron a revolución; e o resto dos animais, os obreiros e campesiños. O porco Vello Maior, o que aparece no libro como inspirador da rebelión, é unha combinación de Marx (teórico) e de Lenin (líder). 


Pequena biografía




George Orwell, cuxo verdadeiro nome era Eric Blairnaceu o 25 de xuño de 1903 en Motihari, India, onde o seu pai era un funcionario responsable do comercio británico do opio, a súa nai pertencía a unha familia de comerciantes franceses vidos a menos. Trasladouse a moi curta idade coa súa nai e as súas irmás a Inglaterra.
Aos oito anos, ingresou nun selecto internado de Sussex, onde destacou polas súas boas notas e a súa evidente falta de medios económicos. En 1917 obtivo unha bolsa para entrar no prestixioso colexio privado de Eton, onde permaneceu catro anos.

En 1922, en vez de aceptar unha bolsa para ir á universidade, decidiu seguir a tradición familiar e facerse funcionario colonial. Prestou servizos na Policía Imperial India destinado en Birmania, (1922-1927). Regresou a Inglaterra en 1927, renunciou á súa praza laboral e vestiuse con farrapos. Durante un tempo viviu cos vagabundos do leste de Londres, traballou fregando pratos en París e de xornaleiro nos campos de Kent. Enfermo e loitando por abrirse camiño como escritor, sufriu durante varios anos a pobreza. Froito desta situación é o seu primeiro libro Sin branca en París e Londres (1933), onde narra as difíciles condicións de vida das xentes sen fogar.
Posteriormente escribe Días en Birmania (1934), unha critica inmisericorde contra o imperialismo, e en certa medida, unha obra autobiográfica. A súa seguinte obra, A filla do Reverendo (1935), é a historia dunha solteirona que encontra o seu sitio vivindo entre os campesiños.
En 1936 foi un dos voluntarios que loitaron no Exército republicano durante a Guerra Civil española (1936-1939). Chegou a España como correspondente, pero alistouse para combater pola República. Incorpórase á fronte de Aragón, onde ascende o rango de tenente e resulta ferido de gravidade na garganta. Tras enfrontarse a tiros cos comunistas do PSUC nos sucesos de Barcelona en maio de 1937 abandona o país para evitar ser fusilado. Froito desa experiencia escribiu Homenaxe a Cataluña (1938), un dos relatos máis
conmovedores escritos sobre esta guerra. O camiño a Wigan Pier (1937), escrita nesta mesma época, é unha crónica sobre a vida dos mineiros sen traballo no norte de Inglaterra. Durante a Segunda Guerra Mundial o escritor dirixiu o servizo da BBC para a India e a partir de 1943 foi editor literario de Tribune, o xornal da esquerda laborista.
A prosa de Orwell revela un compromiso cuxo credo é o rexeitamento radical aos totalitarismos. A súa condena da sociedade totalitaria queda tamén plasmada nunha fábula de carácter alegórico, Rebelión na granxa (1945), baseada na traizón de Stalin á Revolución Rusa, así como na novela 1984 (1949). Esta última ofrece unha descrición aterradora da vida baixo a vixilancia constante do "Grande Irmán". A súa postura nunca foi aceptada entón polos intelectuais de esquerda, que lle converteron en branco de críticas feroces ao subliñar nel un individualista.

Outros dos seus escritos son, a novela Que voe a aspidistra (1936), Disparando ao elefante e outros ensaios (1950) e Así foron as alegrías (1953) En 1968 publicáronse en catro volumes os seus Ensaios Completos: Periodismo e Cartas.
Despousouse con Eileen O ´ Shaughnessy en 1936, e adoptaron un neno, Richard Horatio Blair. A súa esposa morreu en 1945, durante unha operación. En outubro de 1949 casou con Sonia Brownell.
George Orwell faleceu en Londres o 21 de xaneiro de 1950 de tuberculose.



  • 10 CURIOSIDADES
  • Mentres estudaba no "Eton CollegeOrwell habia practicado maxia voodo sobre un boneco que representaba un matón da súa escola, logo disto o abusador rompeu a perna, desenvolveu leucemia e morreu, dise que Orwell paso o resto da súa vida crendo que o o habia matado.

  • Non lle gustaba vestir de forma demasiado elegante e en moitas ocasións prefería suxeitar os seus pantalóns, non con cintos, senón con cordóns de zapatos.
  • Din os biógrafos de Orwell que resaltaba de forma deliberada o seu acento para facelo o máis popular posible e fuxir da imaxe de típico gentelmen británico.
  • Especulouse sobre a posibilidade de que a CIA adquirise os dereitos de autor de A granxa dos animais para realizar unha nova versión cinematográfica. Na renovada adaptación teríase buscado un final feliz: os animais logran expulsar da granxa os porcos que ocupaban a posición totalitaria que antes posuían os homes.
  • Como outros escritores comprometidos ideoloxicamente, foi acusado de ser un inflitrado e de facilitar ao Foreing Office británico os nomes dalgunhas persoas do partido comunista.

  • Dise que durante a súa estanza en Birmania adquiriu algunhas tatuaxes, incluíndo un pequeno círculo azul en cada coteno.
  • Os seus compañeiros da radio, na BBC británica, recordaban que lle gustaba sorber o té que se derramaba, directamente o prato.
  • Atraíanlle os ambientes sórdidos, adoitaba frecuentar os albergues para persoas sen fogar ou, durante a guerra, os edificios derruídos polas bombas, como as casas de Winston Smiths, as mesmas que logo quedarían descritas na súa novela 1984.

  • Inventou algúns termos que logo foron comunmente utilizados ou reutilizados como: "crime do pensamento" ou "dobrepensar". Algúns destes termos, ou outros como: "dous minutos de odio" ou "crimental", foron utilizados como eslóganes na guerra fría"
  • Cando notou que a morte o roldaba, ingresado xa no hospital, decidiu esperala vestido de smóking.

  • FRASES DO AUTOR


  • «O importante non é manterse vivo senón manterse humano.»
  • «O pensamento corrompe a linguaxe e a linguaxe tamén pode corromper o pensamento.»
  • «O característico da vida actual non é a inseguridade e a crueldade, senón o
    desasosego e a pobreza.»
  • «Ver o que está diante dos nosos ollos require un esforzo constante.»
  • «Nunha época de engano universal, dicir a verdade é un acto revolucionario.»
  • «Toda a propaganda de guerra, todos os berros e mentiras e odio, proveñen
    invariablemente de xente que non está a pelexar.»
  • «Se a liberdade significa algo, será, sobre todo, o dereito a dicirlle á xente aquilo que non quere oír.»
  • «O poder non é un medio, senón un fin en si mesmo.»
  • «Poden forzarche a dicir calquera cousa, pero non hai xeito de que cho fagan crer. Dentro de ti non poden entrar nunca.»
  • «O periodismo consiste en dicir cousas que alguén non quere que digas: todo o demais son relacións públicas.»

Vede estes vídeos e coñeceredes máis cousas sobre George Orwell. O primeiro fala sobre a súa vida e o segundo da súa participación na Guerra civil española.




Ningún comentario:

Publicar un comentario