mércores, 10 de febreiro de 2016

FALAMOS DE O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN

O martes 1 de febreiro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Chocos para falar de O señor Ibrahim e as flores do Corán.




O señor Ibrahim e as flores do Corán, narra a historia de amizade de Momo, un adolescente xudeu, desorientado, e orfo do agarimo dos seus pais; e de Ibrahim, tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión a vida marcada pola experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60. 

Comezamos facendo unha pequena introducción sobre a obra  e sobre o autor Éric-Emmanuel Schmitt e a continuación pasamos a comentar o libro. 

O señor Ibrahim e as flores do Corán é un libro e un libro
curto, pero cun gran significado. Os temas que o atravesan son a amizade, a tolerancia, a confianza...

os personaxes non se caracterizan fisicamente, só por meio dos seus feitos. Así, os lectores temos a obriga de construílos e de fabricar a súa historia.

Os protagonistas son Momo e o señor Ibrahim. Momo comeza a súa vida nunha familia desestruturada: vive co pai, pero este non lle amosa cariño, e a nai abandonara o fogar cando el naceu. Tamén se fala dun irmán maior, moi perfecto e listo, co que o pai o está a comparar decote. cando xa ten a vida case encauzada, aparece a nai pactan a súa relación pera non as vidas de cada un. Finalmente
Momo consegue a súa propia familia e trasládanos as súas vivencias.

O señor Ibrahim ten unha situación parella. Tamén é un ser solitario que precisa e ao mesmo tempo ofrece cariño.

É unha relación de amizade que non coñece de diferenzas: nin de idae (maior-menor), nin de cultura (musulmán-xudeu). Esa amizade é totalmente desinteresada, baseada na bondade, aínda que ao comezo podemos desconfiar, porque vemos a un neno nas más dun adulto que lle pode facer dano.

En conclusións, trasládasenos unha filosofía de vida baseada na confianza. Nun seguno plano latexa a relixión, porén o humanismo asolaga toda a narración.


Ningún comentario:

Publicar un comentario